Nome | Ulster Rugby | ||
---|---|---|---|
Unión | IRFU | ||
Alcume(s) | The Ulstermen | ||
Fundación | 1879; hai 146 anos | ||
Sede | Belfast, Irlanda do Norte | ||
Estadio(s) | Ravenhill Stadium | ||
Capacidade | 18.196 espectadores | ||
Presidente | Jonny Petrie | ||
Adestrador | Dan McFarland | ||
Capitán | Iain Henderson | ||
Caps | Darren Cave (229) | ||
Anotador | David Humphreys (1.585) | ||
Ensaios | Craig Gilroy (78) | ||
Liga(s) | Pro14 | ||
2018−19 | 2º (conferencia B) | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.ulsterrugby.com/ | |||
O Ulster Rugby(en irlandés: Rugbaí Ulaidh) é un dos catro equipo profesionais provinciais de rugby da Illa de Irlanda. O club compite no Pro14 e na Copa de Campións (Champions Cup). O equipo representa á sección do Ulster da Irish Rugby Football Union (IRFU), sendo así o responsable do rugby na provincia, a cal comprende Irlanda do Norte (Antrim, Armagh, Derry, Down, Fermanagh e Tyrone) e tres condados da República de Irlanda (Donegal, Monaghan e Cavan.
O equipo do Ulster foi fundado oficialmente en 1879, á vez que os equipos das provincias de Leinster e Munster, sendo o de Connacht fundado unha década despois en 1889. Porén, o primeiro xogo interprovincial entre representantes das provincias xa se disputara en 1875. O estadio do equipo é o Ravenhill Stadium de Belfast en Irlanda do Norte, recinto con capacidade para 18.196 espectadores. Entre os principais títulos obtidos polo club, están unha Champions Cup (1999) e un Pro14 (2006).